MÁIS RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS QUE NUNCA TE FIXECHES
TEXTO: PHILIPPE NESSMANN
ILUSTRACIÓNS: NATHALIE CHOUX
TRADUCIÓN: EMMA LÁZARE
 

Cantos pelos ten un home no seu corpo?
E unha muller? E un neno?
Podemos aprender mentres durmimos?
As galiñas teñen dentes?
Canto cuesta transformar o chumbo en ouro?.

“Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches” responde a máis de 100 preguntas inéditas, pero sempre a serio e con bo humor. Un descubrimento orixinal do universo, dos homes, da natureza e dos animais, do inmenso ao minúsculo. Unha nova ocasión para poñer a proba os pais, os profes, e os compañeiros.

Despois da súa exitosa primeira parte, “Todas as respostas” segue saciando a curiosidade dos lectores máis inquedos, interesados no que, como, cando, onde e porqué do que nos rodea. Esta nova entrega aborda oito grandes áreas nas que se ofrecen solucións ás preguntas máis inesperadas. Mantén a súa presentación, a modo de caderno, e a súa estrutura narrativa, de xeito que ao final de cada resposta se engade unha nova cuestión relacionada co tema tratado, ampliando os coñecementos recén adquiridos.

 
Encadernado en cartoné e canutillo metálico
130 páxinas en color.
18,5x25 cm.
Prezo: 16 €
“Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches” ISBN 978-84-96957-40-4
“Más respuestas a las preguntas que nunca te has hecho” ISBN 978-84-96957-41-1
“Mais respostas às preguntas que nunca te fizeste” ISBN 978-989-8205-27-8
© FAKTORIA K DE LIBROS