 |
 |
...Hai aves que constrúen
niños sorprendentes pola súa intrincada arquitectura,
mamíferos que escavan complexas vivendas subterráneas,
insectos minúsculos que erguen edificios enormes e arañas
que tecen elaboradas estruturas de caza. Todos son expertos construtores
que sobreviven grazas á súa habilidade...
Un libro instrutivo, ameno, ben estruturado e de
gran atractivo visual, que comeza situando o lector ante os diversos
grupos de reino animal, con exemplos de cada un. Por terra, mar
e aire, de norte a sur, por todos os continentes, selecciona unha
serie de animais e ofrece un volume de información ben dosificada
sobre as súas características, localización
e costumes, centrándose na súa forma de acomodarse
no habitat, isto é, de construir o seu fogar. |