|
|
 |
CONSTRUTORES -Animais
extraordinarios
XULIO GUTIERREZ / NICOLÁS
FERNÁNDEZ
...Hai aves que constrúen niños
sorprendentes pola súa intrincada arquitectura, mamíferos
que escavan complexas vivendas subterráneas, insectos
minúsculos que erguen edificios enormes e arañas
que tecen elaboradas estruturas de caza. Todos son expertos
construtores que sobreviven grazas á súa habilidade...
|
|
 |
|
|
 |
|
|
|
 |
NACER -Animais extraordinarios
XULIO GUTIERREZ / NICOLÁS
FERNÁNDEZ
Por terra, mar e aire, de norte a
sur, por todos os continentes, selecciona unha serie de animais
e ofrece de cada un un volume de información ben dosificadaa
sobre as súas características, localización
e costumes, centrándose na súa forma de chegar
ao mundo, isto é, de nacer.
|
|
 |
|
|
 |
|
|
|
 |
BOCAS -Animais extraordinarios
XULIO GUTIERREZ / NICOLÁS
FERNÁNDEZ
Entre o ecuador e os polos hai unha
enorme cantidade de ecosistemas: En cada ecosistema miles
de animais loitan pola súa vida segundo a dura lei
da selección natural: “comer e non ser comido”.
|
|
 |
|
|
 |
|
|
|
 |
SIMIOS
MARTIN JENKINS / VICKY
WHITE
Hai cinco tipos de grandes simios no
mundo.
Os cinco son diferentes entre si, pero non moi diferentes.
En realidade todos pertencen á mesma familia. Catro
destes simios son moi escasos: os orangutáns, os chimpancés,
os bonobos e os gorilas...
|
|
 |
|
|
 |
|
|
|
 |
TODAS AS RESPOSTAS
AS PREGUNTAS QUE NUNCA TE FIXECHES
PHILIPPE NESSMANN / NATHALIE CHOUX
Un libro para saciar a curiosidade
dos lectores máis inquedos, interesados no que, como,
cando, onde e porque do que nos rodea. |
|
 |
|
|
 |
|
|
|
 |
MÁIS AS RESPOSTAS
AS PREGUNTAS QUE NUNCA TE FIXECHES
PHILIPPE NESSMANN / NATHALIE CHOUX
Cantos pelos ten un home no seu corpo?
E unha muller? E un neno?
Podemos aprender mentres durmimos? As galiñas teñen
dentes? Canto cuesta transformar o chumbo en ouro? |
|
 |
|
|
 |
|
|
| |
COLECCIÓN PEQUECHOS 
Coordinadores da colección: XULIO
GUTIÉRREZ
e JOSÉ
MARÍA HERAS
Unha colección moi amena -de linguaxe
precisa, sinxela e comprensible- para coñecer os animais
máis sorprendentes de cada ecosistema. Libros activos, para
unha ampla franxa de idade e con fotografías cheas de expresividade
que cativarán a curiosidade dos máis pequenos.
Os animais deixan unha profunda impresión nos nenos: o medio
no que viven, o seu aspecto e as cualidades que os caracterizan
suscitan neles moito interese. A colección “Pequechos”
é un material imprescindible para escolas e bibliotecas galegas,
polo seu carácter singular, xa que non abundan libros nesta
lingua sobre temática medioambiental. |
|