As letras, esa arquitectura
do pracer.
Un libro que se pode contemplar de moitas formas: ao estilo
clásico, ou xirando as páxinas, como unha escultura
de papel pola que poidas pasear. Mirar cada letra, tocala, lela...
Cada unha ten o seu propio son, a súa propia forma e
cor. Velaquí unha cidade de papel.
As páxinas
de “Hasta el infinito” comezan cun xogo para os
lectores: pronunciar a letra A en voz alta ata que o seu eco
pete contra as paredes. Unha diversión extensible non
só ás pezas que compoñen o abecedario,
senón tamén ás vocais de forma independente,
e posteriormente aos números. Kveta Pakovska presenta
nesta obra unha sucesión de imaxes incribles, que dan
vida a todos e cada un dos seus elementos e que son unha invitación
a experimentar cos sentidos. A súa mensaxe artística
aspira a deixar pegada nos lectores e, principalmente, facelos
gozar.
|