 |
 |
Un libro de arte para
saborear en familia,
unha festa para os ollos, un saboroso achado
con 18 obras mestras da pintura.
Invita a entrar a pasear polas teas,
a observar as cores, a examinar os detalles ampliados…
Contén pestanas despregables baixo
as que o lector dispón de máis información
sobre os cadros, suxerencias, xogos e aclaracións sobre a
lectura artística axeitada. E ao final do libro, unha galería
cronolóxica de estilos, dende o gótico internacional
ata a arte figurativa e abstracta, pasando polo século das
luces, o impresionismo ou o fauvismo, con abundante información
de cada etapa.
|
| Jan Van Eyck, Leonardo Da Vinci,
Pieter Bruegel, Claude Monet, Paul Gauguin, Vincent Van Gogh, Henri
Matisse, Fernand Léger, Pablo Picasso, ... |
|