DESCUBRIR A ARTE a través do mundo
CAROLINE DESNOËTTES
Traductor: David Gippini Fournier

 
Un libro de arte para saborear en familia.
“Todo o mundo razoa sobre a beleza”
Denis Diderot

Este libro é -dende o comezo- unha festa para os ollos, un fascinante encontro con 18 obras de arte a través de todo o mundo: rollos etíopes, biombos coreanos, máscaras brasileiras, iconos rusos…

A disposición das páxinas tamén lle propón ao lector entreterse levantando as pestanas despregables para descubrir os textos ocultos que suxiren ollar, xogar e que lle aclaran a lectura dos obxectos, con información sobre as obras, o seu lugar e época de creación. Invita a observar os detalles, os materiais, as formas artísticas...

18 obras procedentes de Nixeria, Etiopía, Exipto, Irán, India, China, Corea, Japón, Papúa Nova Guinea, Australia, Canadá, Estados Unidos, México, Perú, Brasil, Francia, Grecia e Rusia.

Encadernado en cartoné.
64 páxinas en color con 36 despregables.
22 x 22 cm.
Precio: 23€
“Descubrir a arte a través do mundo”. ISBN 978-84-96957-33-6
“Descubrir el arte a través del mundo”. ISBN 978-84-96957-34-3
“Descobrir l’art a través del món”. ISBN 978-84-935912-6-7 . Faktoría K de Libros - Hipòtesi
© FAKTORIA K DE LIBROS