BESTIARIO
STÉPHANE POULIN
Prólogo: Jean Fugère
Traductor: Ramón Nicolás

Nestes animais intemporais, mesmo entre os máis descoñecidos, como os caracois,
atopo a nosa alma, a nosa época, os nosos defectos humanos, todo o que argallamos para pasar pola vida.

“Bestiario” é a audacia, a imaxinación e a calidade artístico-literaria plasmadas nun libro. As ilustracións de Stéphane Poulin forman un binomio perfecto co prólogo de Jean Fugére, que realiza un exercicio narrativo rebosante de destreza.
Un texto introspectivo, cheo de surrealismo, que profundiza no máis fondo da alma. Unha linguaxe desinhibida e evocadora, que xoga co dobre sentido. A palabra máxica, “noctamgullar”, é o abracadabra a un mundo repleto de referencias á arte de Magritte, Hopper ou Van Gogh.

Encadernado en cartoné
80 páxinas en color.
23x28 cm.
Prezo: 20 €
“Bestiario”. ISBN 84-8464-556-4
“Bestiario”. ISBN 84-9346-415-5
© FAKTORIA K DE LIBROS