INDIGNÁDEVOS!
STÉPHANE HESSEL
PRÓLOGO DE MANUEL RIVAS
TRADUCIÓN: FERNANDO MOREIRAS
COLECCIÓN ÁGORA

“...Facemos un chamamento ás novas xeracións para revitalizaren e transmitiren o herdo da Resistencia e os seus ideais. Nós dicímoslles: tomade o relevo, indignádevos!
Os responsábeis políticos, económicos e intelectuais, e o conxunto da sociedade, non deben renderse nin deixarse amedrentar pola actual ditadura internacional dos mercados financeiros, que ameaza a paz e a democracia”.

“Indignádevos!”, o opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon máis de dous millóns de exemplares en Francia, tamén se pode ler en galego. O escritor Manuel Rivas asina o prólogo desta obra directa, reivindicativa e axitadora, cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, se dirixe -aos seus recios 93 anos- á sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental.

Encadernación rústica.
48 páxinas. / 13,5 x 20 cm.
Prezo: 5€
“INDIGNÁDEVOS!" . ISBN 978-84-15250-06-7
© FAKTORIA K DE LIBROS